O mércores 19 os nen@s de3º e 4º,celebraron unha festa( con comilona incluida) para rematar o curso. Aquí tedes unhas fotos para ver que ben o pasamos e desexarvos a tod@s unhas estupendas vacacións.
Seguiremos en setembro.
Hoxe fixemos unha visita ao colexio da Capela.
Alí tivemos a oportunidade de aprender xogando cuns monitores de excepción,os nen@s de 3º de E.P que con moita amabilidade e paciencia explicaron e xogaron con nós a moitos xogos; algúns coñecidos e outros non.
Pasamos una divertida xornada,esperamos volver e dende aquí damos as grazas a Xabier o profe que logra que todo isto funcione así de ben.
Onte tivemos un día especial. Comezamos cun chocolate e churros para coller forzas e poder facer a representación como verdadeiros artistas.
Noraboa a tod@s (a obra foi un éxito ) e damos as grazas ao colexio de Mugardos pola súa acollida.
O luns , os nenos dende 2º a 6º fixemos unha saída ata Fene para visitar o" Museo do Humor".
Alí vimos e escoitamos a historia do museo, a importancia do traballo de Xaquín Marín e puidemos contemplar obras de distintos autores.
Rematamos cun obradoiro donde os nen@s convertéronse en artistas.
Unha mostra do ben que o pasamos tedela nestas fotos.
O día 24 visitounos o ilustrador, e escritor Jacobo Fernández; os nen@s de 4º fixeron un traballo sobre él.
Buscaron información en internet e despois organizaron o seu traballo nun mural que quedou exposto na entrada do colexio.
Custom Glitter Text
. Sara recibirá o sábado día 23 de marzo, un premio no Concello de Mugardos .
A súa poesía foi premiada, no certame de poesía. Dende o cole dámoslle a noraboa,
e agradecemos a todos os nenos e nenas que participaron, polo seu traballo.
DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Mary kingsley tamén foi unha muller pioneira, a súa inquietude e decisión levouna a viaxar,estudar e axudar aos demáis. Aínda que moitas veces tivera que salvar moitas dificultades e enfrentarse cos costumes e ideas da época na que lle tocou vivir.
jueves, 28 de febrero de 2013
Rematamos os traballos sobre os ecosistemas, tres equipos e tres ecosistemas(a selva, o deserto e o polo norte).Como vemos nas fotos buscamos información,seleccionamos e elaboramos murais con todo o que aprendemos. Escribimos,recortamos,pegamos e ilustramos e sobre todo COMPARTIMOS ESFORZO E OPINIÓNS.
ECOSISTEMAS on PhotoPeach
martes, 12 de febrero de 2013
O ENTROIDO
Os de cuarto de Franza este ano disfrazámonos de focas, acompañando aos pingüíns,osos polares e aos habitantes do Polo, os inuits.
Teatro en inglés
Hoxe os nen@s de 2º a 6º,pasaron un tempo no instituto de Mugardos asistindo a unha representación de teatro en inglés.
A obra titulada Robinson Crussoe, fixo as delicias de todos facendo participar con cancións, bailes e diálogos aos nen@s e profesoras.
NADAL
Polo Nadal, na clase de plástica fixemos distintos adornos, participamos na elaboración do Belén do colexio; facendo figuras con material de reciclaxe e o noso anxeliño para levar á casa.
martes, 22 de enero de 2013
TRABALLOS COÑECEMENTO
Os nen@s de 4ºestán moi concienciados coa protección do medio ambiente, e nun traballo individual veñen de realizar un traballo plástico, para expoñer algunha idea na que se pide máis respecto coa natureza e para todos os seres vivos.