jueves, 20 de junio de 2013

FESTA FIN DE CURSO

O mércores 19 os nen@s de3º e 4º,celebraron unha festa( con comilona incluida) para rematar o curso. Aquí tedes unhas fotos para ver que ben o pasamos e desexarvos a tod@s unhas estupendas vacacións. Seguiremos en setembro.

  BO VERÁN !



Make your own slide show at Animoto.

Make a video of your own at Animoto.

miércoles, 29 de mayo de 2013

XOGOS POPULARES NA CAPELA.

Hoxe fixemos unha visita ao colexio da Capela. Alí tivemos a oportunidade de aprender xogando cuns monitores de excepción,os nen@s de 3º de E.P que con moita amabilidade e paciencia explicaron e xogaron con nós a moitos xogos; algúns coñecidos e outros non. Pasamos una divertida xornada,esperamos volver e dende aquí damos as grazas a Xabier o profe que logra que todo isto funcione así de ben.

Try our slideshow maker at Animoto.

Try our slideshow creator at Animoto.

martes, 14 de mayo de 2013

TEATRO NO COLE DE MUGARDOS.

Onte  tivemos  un día especial. Comezamos cun chocolate e churros para coller forzas e poder facer a representación como verdadeiros artistas.
Noraboa a tod@s (a obra foi un éxito )  e damos as grazas  ao  colexio  de Mugardos  pola  súa acollida.


Make your own slideshow with music at Animoto.

jueves, 2 de mayo de 2013

VISITA AO MUSEO DO HUMOR

VISITA AO MUSEO DO HUMOR on PhotoPeach

O luns , os nenos dende 2º a 6º fixemos unha saída ata Fene para visitar o" Museo do Humor".
Alí vimos e escoitamos a historia do museo, a importancia do traballo de Xaquín Marín e puidemos contemplar obras de distintos autores.
Rematamos cun obradoiro donde os nen@s convertéronse en artistas.
Unha mostra do ben que o pasamos tedela nestas fotos.

viernes, 26 de abril de 2013

VISITA DO IUSTRADOR JACOBO FERNÁNDEZ

O día 24 visitounos o ilustrador, e escritor Jacobo Fernández; os nen@s de 4º fixeron un traballo sobre él.
Buscaron información en internet e despois organizaron o seu traballo nun mural que quedou exposto na entrada do colexio.



jueves, 4 de abril de 2013


ALGUNHAS PISTAS PARA OS VOSOS RELATOS.

La palabra, la imagen y los sonidos se mezclan a partir de una idea, de una frase o de una leyenda para crear algo nuevo que nos cambia…

                                                                                        
                                                                                       
SE QUERES VER MÁIS COUSAS......



viernes, 22 de marzo de 2013


Custom Glitter Text
. Sara recibirá o sábado día 23 de marzo, un premio no Concello de Mugardos .
A súa poesía foi premiada, no certame de poesía.  Dende o cole dámoslle a noraboa,
 e agradecemos a todos os nenos e nenas que participaron, polo seu traballo.

Make your own slideshow with music at Animoto.

Custom Birthday Card

miércoles, 6 de marzo de 2013

DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Mary kingsley tamén foi unha muller pioneira, a súa inquietude e decisión levouna a viaxar,estudar e axudar aos demáis. Aínda que moitas veces tivera que salvar moitas dificultades e enfrentarse cos costumes e ideas da época na que lle tocou vivir.

jueves, 28 de febrero de 2013

Rematamos os traballos sobre os ecosistemas, tres equipos e tres ecosistemas(a selva, o deserto e o polo norte).Como vemos nas fotos buscamos información,seleccionamos e elaboramos murais con todo o que aprendemos. Escribimos,recortamos,pegamos e ilustramos e sobre todo COMPARTIMOS ESFORZO E OPINIÓNS. ECOSISTEMAS on PhotoPeach

martes, 12 de febrero de 2013

O ENTROIDO

Os de cuarto de Franza este ano disfrazámonos de focas, acompañando aos pingüíns,osos polares e aos habitantes do Polo, os inuits.



miércoles, 23 de enero de 2013

Teatro en Mugardos

Teatro en inglés

Hoxe os nen@s de 2º a 6º,pasaron un tempo no instituto de Mugardos asistindo a unha representación de teatro en inglés.
A obra titulada Robinson Crussoe, fixo as delicias de todos facendo participar con cancións, bailes e diálogos aos nen@s e profesoras.



NADAL

Polo Nadal, na clase de plástica fixemos distintos adornos, participamos na elaboración do Belén do colexio; facendo figuras con material de reciclaxe e o noso anxeliño para levar á casa.









martes, 22 de enero de 2013




          TRABALLOS COÑECEMENTO
     

    Os nen@s de 4ºestán moi concienciados coa protección do medio ambiente, e nun traballo individual veñen de realizar un traballo plástico, para expoñer algunha idea na que se pide máis respecto coa natureza e para todos os seres vivos.