Hoxe fixemos unha visita ao colexio da Capela.
Alí tivemos a oportunidade de aprender xogando cuns monitores de excepción,os nen@s de 3º de E.P que con moita amabilidade e paciencia explicaron e xogaron con nós a moitos xogos; algúns coñecidos e outros non.
Pasamos una divertida xornada,esperamos volver e dende aquí damos as grazas a Xabier o profe que logra que todo isto funcione así de ben.
Onte tivemos un día especial. Comezamos cun chocolate e churros para coller forzas e poder facer a representación como verdadeiros artistas.
Noraboa a tod@s (a obra foi un éxito ) e damos as grazas ao colexio de Mugardos pola súa acollida.
O luns , os nenos dende 2º a 6º fixemos unha saída ata Fene para visitar o" Museo do Humor".
Alí vimos e escoitamos a historia do museo, a importancia do traballo de Xaquín Marín e puidemos contemplar obras de distintos autores.
Rematamos cun obradoiro donde os nen@s convertéronse en artistas.
Unha mostra do ben que o pasamos tedela nestas fotos.